lunes, 22 de mayo de 2017

Shashliki



                                                                Shashliki





Son unha especie de brochetas mariñadas e asadas á brasa moi típicas en Rusia, sobre todo nos meses de verán. Nestas brochetas pódense utilizar todo tipo de  carnes, peixes, verduras e mariscos. O segredo está no mariñado previo baseado no limón e nas herbas aromáticas.
O mariñado é unha forma de deixar a carne máis tenra e darlle máis sabor á hora de ser cociñada, e xeralmente utilízase algún ácido natural, xa sexa o limón ou o vinagre (no caso do escabeche).
Os shashliki apenas levan traballo, sendo quizá a única condición imprescindible que deixemos a carne mariñando cando menos un día antes de asala, polo que haberá que ser previsor.

 Ingredentes
1 kg de carne de cordeiro desosada (cortada en dados)
Unha culler de zumo de limón
Unha culler pequena de endro picado
4 talos de apio
3 tomates
2 pementos verdes
2 cebolas
1 folla de loureiro
Aceite
Sal
Pementa





 Preparación
Este é o modo de preparación:
En primeiro lugar collemos un recipiente e mesturamos ben o aceite e o zumo de limón. A continuación agregaremos a folla de loureiro, o endro, o apio ben picado, o sal e a pementa e mesturamos todo ben.
Agora colocaremos os dados de carne de cordeiro noutro recipiente e regaremos o preprado anterior sobre eles. O seguinte será deixalo no frigorífico entre 6 e 8 horas aproximadamente, e de tanto en tanto o remexeremos un pouco para que toda a carne tome sabor.
Despois cortaremos os tomates e as cebolas en cuartos, e os pementos en anaquiños cadrados para ir preparando as brochetas.
En cada brocheta poñeremos entre 4 e 5 dados de carne, separados por anacos de verduras.
– Para asarlas lo mejor es tener una parrilla a fuego medio, y dejarlas entre unos 12 y 15 minutos teniendo buen cuidado de darles la vuelta para que se hagan bien y no se quemen.

 CONSEJOS
– Generalmente se sirven acompañadas de arroz cocido, aunque también quedan muy bien con unas patatas asadas o incluso fritas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario