lunes, 22 de mayo de 2017

Blinis



                                                                     Blinis




Os blinis son as crepes rusas. Sírvense, xeralmente, acompañadas de salmón, salsa smetana, mel, mermeladas, carne ou queixo branco. Ainda que os blinis con caviar vermello son un símbolo de Rusia, na actualidade é un prato moi costoso. Por iso o caviar sustitúese por outros ingredentes.


 Ingredentes (para unha ducia de blinis):
1 ovo
175 mls. de leite enteiro
125 grs. de fariña
40 grs. de manteiga
40 grs. de azucre
1/2 sobre de levedura en po
Sal





 Preparación
Nun bol peneiramos a fariña e a levadura, engadimos o azucre e un pouco de sal. Incorporamos o leite xunto co ovo e a manteiga. Batimos ben ata obter unha masa homoxénea. Tapamos o bol con papel filme e gardamos no frigorífico media hora para que asente.
Transcorrido ese tempo, sacamos e poñemos a quentar a fogo medio forte nunha prancha ou tixola antiaderente.
Para elaborar os blinis, engraxamos cun pincel untado en aceite a tixola, botamos dúas culleres de masa para cada blini, primeiro unha, e a seguinte vertémola pouco a pouco no centro da primeira. Cando vexamos que o borde dos blinis comeza a dourarse, non a se tostar, dámoslles a volta. Deixamos que se fagan por ese lado outros poucos segundos, e sacámolos a un prato.
Seguimos facendo esta operación ata finalizar a masa.
Unha vez preparados, podemos acompañalos de crema de queixo e salmón, cebola caramelizada, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario