lunes, 22 de mayo de 2017

Borscht



                                                                  Borscht



  Ingredentes
- 400grs de carne con ou sen óso
- 3 remolachas
- 200grs de coles ou berza
- 4 patacas
- 2 cenorias
- 1 cebola
- 2 tomates
- 1 culler de vinagre
- Sal e pementa
- Endro
- Perexil 





 Preparación
Preparando o caldo de carne de res: Nunha ola poñer a carne e 3 litros de auga e levalo a ebulición, despois baixar o lume. Retirar cunha escumadeira a graxa que está flotando no caldo. Ao caldo engadirlle unha cebola picada e mantelo a fogo lento durante unha ou dúas horas.
Cociñando as remolachas: Nuotro cazo poñer unha culler de margarina e derretila, cortar as remolachas en rodaxas finas e engadilas. Botar o tomate cortado. Manter a fogo lento outra hora. Botarlle un pouco de caldo e vinagre.
Coas verduras: nunha cazola botar unha culler de margarina, engadir unha cebola cortada en rodaxas e cenouras en rodaxas finas, saltealas durante quince minutos, remover de cando en vez.
Facer ferver o caldo de novo, engadir patacas e as coles ou berzas cortadas en anacos, cociñar durante cinco minutos máis. Engadir o salteado e cociñar durante dez minutos. Engadir as remolachas e cociñar cinco minutos máis. Engadir sal, pementa negra e,  se queremos, un dente de allo raiado. Serve-se con crema cortada adornando o prato.



























 

No hay comentarios:

Publicar un comentario