lunes, 22 de mayo de 2017
Pelmeni
Pelmeni
Receita de pelmeni siberiáns
Ingredentes para a masa:
2,5 vasos de fariña
1/2 vaso de auga
Ingredentes para o recheo:
400 gramos de carne de vacún
400 gramos de carne de cordeiro
200 gramos de carne de porco
2 culleres grandes de fariña.
Preparación
Extender a masa cun rodete ata obtermos unha capa moi fina de tres a catro milímetros. Recortar círculos de 5-6 centímetros de diámetro utilizando un vaso volteado. Poñer no medio do círculo unha culler pequena do recheo. Xuntar (presionando cos dedos) os bordes doblando o circulo pola metade de tal forma que o recheo quede dentro da masa. Para que non se despeguen os bordes é recomendable xuntar e pegar os extremos do semicírculo.
Picar a carne moi fina cun coitelo.
Pódese engadir á carne picada unha cebola, tamén picada, pementa negra moída, sal e ovo, pero a receta clásica prepárase só con carne picada.
Unha vez preparados, conxelalos ben. É recomendable deixalos no frigorífico durante unhas 48 horas.
Cando estean listos, ponse ferver a auga e o caldo. Cando a auga ferva, engádese o sal e bótanse os pelmeni. Cocelos nunha grande cantidade de líquido ata que floten. Cando aparezan na superficie, cocer dous ou tres minutos máis. Segundo algunhas receitas, despois de fervidos, os pelmeni pódense fritir ata que tomen unha cor dourada. Isto sóese facer especialmente cos pelmeni que non se consumen o mesmo día da súa preparación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario